Turisteamos?

Para nenos e nenas entre 3 e 9 anos.

Primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña e, especialmente, os recursos máis atractivos para turistear coa familia en calquera estación do ano, pontes, fins de semana e periodos vacacionais. Un xogo creado para o Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021..

Bloques

Son dez os bloques de recursos que coñecerán os miúd@s.

Todos eles identificativos da riqueza cultural e turística de provincia da Coruña, pero tamén do resto de Galicia.

Descripcións

Cada bloque iníciase cunha descripción xeral, escrita e locutada, que permite aos minud@s familiarizarse cos elementos patrinomiais e iconos da provincia.

Xogos

Todos os bloques contan cos mesmos tipos de xogos.

Un puzzle, un "clica" no que descubrir elementos, un "crea" para deseñalos ou compoñelos e un "colorea", no que espertar o sentido artístico.

Planea a viaxe

Na introdución de cada bloque, figura o botón PLANEA A VIAXE COS MIÚD@S.

Ao clicar, accédese a un documento PDF con información relativa aos diferentes recursos e que resulta moi útil para preparar, dun xeito sinxelo, unha viaxe ou excursión cos miúd@s.

 

Fichas

O PDF, preparado para imprimir, recolle INFORMACIÓN POLO MIÚDO sobre cada bloque de recursos, ENLACES DE INTERESE, CURIOSIDADES, un DEBUXO para colorear e unha representativa GALERÍA FOTOGRÁFICA.

 

Fondo Xacobeo 2021

Turisteando cos miúd@s foi realizado por SCB, S.L. para o FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS DO XACOBEO 2021

Unha inciativa da Xunta de Galicia que promove a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega.

Mapa da Provincia da Coruña

Xogarás cos iconos culturais e turísticos dos seus Concellos 

Todos os recursos dos bloques informativos e do documento de axuda para planear unha viaxe cos miúd@s pertencen aos distintos Concellos da Provincia. 

Os Faros. O Camiño de Santiago. O Bosque Animado. A Auga. Os Museos. Os Tesouros Galegos. As Fortalezas. Os Miradoiros. En Activo. Lugares con lenda. 

 

 

Realizado por: SCB, S.L

Para o Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla euismod condimentum felis vitae efficitur. Sed vel dictum 

© Derechos de autor. Todos los derechos reservados.